Homenaxe a Rosalía 

Maite de Trémola Teatro achegou a figura de Rosalía ao alumnado de 1º a 5º de EP. Baixo o título «Historias Soñadas», ofreceu un espectáculo creado a partir dos textos e retazos da vida de Rosalía de Castro, homenaxeada o vindeiro 23 de febreiro. A mestura de poesía, cancións e música foi todo un divertimento para a rapazada. .
A actividade foi proposta polo SNL do Concello e Betanzos e coordinada no centro polo EDLG.








