Os alumnos de 4º de ESO disfrutaron dunha motivadora visita ás facultades universitarias, seleccionando as titulacións de maior interés e coñecendo en detalle as materias a cursar, cal é o sector profesional… tamén acudiron ao Centro Superior de Hostelería de Galicia.
Por outra parte, o grupo de 1º BAC, tivo a oportunidade de coñecer a figura de Antonio Fraguas (homenaxeado nas Letras Galegas 2019), de percorrer o museo cun inxenioso xogo de pistas (actividade proposta desde o Museo) e de visitar a Sala de Prensa e Imprenta.
Tamén participaron nunha visita guiada, coñecendo un museo espectacular (o de Historia Natural de Santiago) pola súa posta en escea, no que o estudo da biodiversidade e a aposta por coleccións únicas de minerais, cunchas…son un auténtico referente. A isto súmase as interesantes exposicións permanentes, nesta ocasión sobre a vespa velutina.