No serán do 18 de febreiro, María Solar abriu ao alumnado de 1º e 2º ESO todo un abano de vivencias que lle aportou a escrita de As meigas de Lupa. Falou das lendas que lle contaba a nai de pequena, como o personaxe de Lupa xa aparecía no Códice Calixtino e tamén dos agasallos que lle fixeron ao ler esta obra, unha banda sonora entre outros.
Os rapaces e rapazas preguntaron sobre a obra e sobre a súa vida como escritora, María con paciencia e grande empatía respondeulles a todos eles. Foi un encontro interesante e enriquecedor que rematou coa sinatura dos libros.