O alumno de 2º de ESO, Marcos Pita Seoane finalista na 39ª edición do concurso “¿Qué es un rey para ti?” recibiu hoxe, no colexio, un diploma xunto co regalo do patrocinador, Fundación Orange.
A situación sanitaria actual impediu celebrar, de maneira presencial, como ven sendo habitual, as exposicións dos traballos e entrega dos diplomas en cada unha das Comunidades Autónomas.
Animamos a todos os nosos alumnos e alumnas a participar na próxima edición do concurso.