GAÑADORES DA XVII EDICIÓN DO CERTAME LITERARIO FREI MARTÍN SARMIENTO

GAÑADORES DA XVII EDICIÓN DO CERTAME LITERARIO FREI MARTÍN SARMIENTO

O certame promovido desde 2003 por Escolas Católicas e coordinado polo EDLG, contou este curso 2020-2021 no noso Centro en todas as categorías con 372 participantes, aos que queremos agradecer a súa colaboración.

O vindeiro, 3 de xuño, ás 16:30 h., o alumnado de Bacharelato, vai ter una faladoiro con Arantza Portabales, autora de Beleza Vermella e gañadora da categoría de adultos do Frei Martín Sarmiento nesta edición.

Relación remitida por Escolas Católicas de obras e autores/as galardoados na XVII edición, que presentou como novidade o recoñecemento ao labor de tradución. Parabéns!

Infantil: “Se che pica un mosquito“. Jordi Gastó e Christian Inaraja. Kalandraka

1ª Categoría (1º e 2º EP): “Hércules o xigante. Unha torre de lenda“. Enrique López. Hércules de Ediciones

2ª Categoría (3º e 4º EP): “Animalia. 2 Branco“. Xosé Tomás. Xerais

3ª Categoría (5º e 6º EP): “Conta nove estrelas”. Andrea Maceiras

4ª Categoría: (TRADUCIÓN) 1º e 2º ESO: “Maneiras de Vivir“. Luis Leante. Tradución: Belén Rodríguez Suárez

5ª Categoría: “Ardora“ (3º e 4º ESO). Beatriz Maceira. Urco Editora

6ª Categoría (Bacharelato e adultos): “Beleza Vermella“. Arantza Portabales. Galaxia.