Hoxe, 21 de febreiro, no Día Internacional da Lingua Materna, 2º de Bacharelato acudiu á representación de “Bicos con lingua”, obra na que Talía Teatro fainos ver con pingas de humor a situación da lingua galega e do vivos que están moitos prexuízos lingüísticos.
Parabéns ao Concello de Betanzos por ofrecernos esta obra premiada e de longo percorrido, que segue moi vixente. Amais forma parte do programa Lingua a escena da Rede cultural da Deputación da Coruña.