Os alumnos de 1° de Primaria están aprendendo e gozando moito co seu proxecto «Vida submarina».
Aprendemos xuntos co coñecemento da vida nos nosos océanos e achegámonos á problemática da contaminación e os plásticos nas augas do noso planeta.
Sen dúbida o coñecemento e a concienciación son os dous primeiros pasos para a actuación na solución deste grande problema no mundo.