Un proxecto de aula debe partir dos intereses dos nen@s.Asi surxiu esta aventura na nosa aula» A viaxe de Nanuk».
Todo comezou coa lectura común dun libro » La osa blanca» (de Ana Alonso), que provocou un grande impacto nos pequen@s pola mensaxe e coñecementos novos que transmitía.
Este foi o comezo da planificación de diversas actividades en torno ao tema cuns produtos finais que iremos dando a coñecer.
Polo momento aquí vos deixamos algunhas das tarefas realizadas nas que a nosa Nanuk e a protagonista, contando as súas historias sobre os «inuits», as «auroras boreais» ou a problemática do desxeo e as súas causas.