Este ano celebrámola na vila de Ourense, o 29 de abril.
Comezamos no Auditorio no que se xuntou rapazada procedente doutros centros educativos de FEREGA-Escolas Católicas. Por parte do noso centro, asistimos alumnos de tódolos cursos da ESO.
Dentro, asistimos á actuación do magnífico monologuista Cándido Pazó, ocorrente coma sempre e moi aclamado polo público.
A continuación, o músico ourensán Emilio Rúa interpretou animadas pezas, que foron coreadas polos asistentes.
Logo das actuacións e acompañados dun guía, realizamos un interesante roteiro polo casco vello, visitando a estatua adicada ao Padre Feijoo, as casas onde viviron os escritores Vicente Risco, Otero Pedrayo e Blanco Amor
Deunos tempo de ver a catedral, a igrexa de Santa Eufemia, a praza do Trigo, a do Concello, o pazo do Bispado…
Rematamos a visita nas termas romanas
«probando» as augas curativas das Burgas
O tempo acompañou e xantamos no Parque de San Lázaro, disfrutando de dúas horas de descanso e convivencia nunha fermosa cidade
Houbo quen tivo tempo para ir de compras… Ourense ten de todo!
Unha edición máis, a Festa da Lingua resultou unha actividade que mesturou aprendizaxe, lecer e… boas sensacións!