Terapia Ocupacional

Jacobo Raposo López,  exalumno do noso Centro que está a cursar o último ano de Terapia Ocupacional na UDC, veu impartir un faladoiro a 3º e 4º ESO o 28 de abril.

Salientou a importancia de que cada persoa debe de escoller os estudos que en realidade lle atraian, sen deixarse influír por presións alleas ou por modas.  Estudar o que a un lle gusta -dixo- deixa de ser unha tarefa pesada para se converter nunha actividade reconfortante e chea de satisfaccións.

Alumnos e profesores asistentes ao faladoiro puideron comprobar que o noso antigo alumno, efectivamente, está máis que satisfeito co camiño profesional escollido.

Abofé que, con esta motivación, Jacobo logrará o seu soño de chegar a ser un estupendo terapeuta!

 

 

20150428_164941