Beleza, ritmo, sonoridade, silencio, creatividade…son algunhas das palabras que xurdiron para facer a constelación da poesía, proposta pola poeta Antía Otero, do colectivo Apiario, no Obradoiro «Somos as nosas palabras» para o alumnado de 4º de ESO.
O alumnado participou elixindo a súa palabra máis importante, para despois escribir un poema, que algúns compartiron na aula.
Parabéns! a Antía, que agasallou ao alumnado cun poema seu, e ao SNL do Concello de Betanzos, que organizou a actividade para celebrar o Día do Libro e da Lectura.