Asistencia de 5º e 6º de EP ao espectáculo “Rilla-rilla na lingua”
O alumnado participou no espectáculo de Xarope Tulú “Rilla-rilla na lingua”. A interacción co público foi unha constante, nunha proposta lúdica, chea de dinamismo.
A actividade foi proposta polo SNL do Concello, dentro do programa Lingua a escea da Rede cultural da Deputación. Coordinada no noso centro polo Equipo de Dinamización.