O pasado venres tivemos o pracer de contar coa visita do avó Suso que nos veu falar sobre os hórreos galegos. Durante anos fíxoos a escala como actividade de lecer.
Coñecemos as súas partes, usos e moitos fermosos contos de outros tempos nos que os ratos, moi pillabáns…trepaban e burlaban o tornarratos do hórreo.
Moitas grazas pola visita, pola agarimosa compaña de Suso e Lucía
e por todo o aprendido.





