Fiuncho, romeiro, eucalipto, dente de león, champiñóns ,cogomelos…..
Deste xeito comezou a charla-coloquio do pasado 20 de novembro na que, un ano máis, os alumnos de 2º de primaria puideron ver, ulir e tocar diversos elementos do outono ,que a miúdo, pasannos desapercibidos.
Agradecemos a Pepe o seu relatorio que nos permitiu descubrir novas plantas e cogomelos; precaucións cando se recollen, distintas formas de cociñalas e outros usos. Os nenos aprenderon e gozaron moito , pero sobre todo, espertaron os seus sentidos para descubrir e interesarse por todo o que nos ofrece a natureza.
Moitas grazas!