Durante o mes de novembro, alumnos (dende 2º EP) e todos os profesores do CPR PLURILINGÜE NTRA. SRA. DEL CARMEN (ATOCHA), recibiron cursos e charlas sobre primeiros auxlios impartidos por Cruz Roja. Tanto alumnos como profesores aprenderon a proceder en caso de feridas leves ou técnicas de reanimación. As charlas foron impartidas por 4 voluntarias de Cruz Roja (3 de elas exalumnas do colexio) e pola Presidenta Provincial de Cruz Roja en Galicia, Mercedes Casanova. Agradecer a Cruz Roja a súa boa disposición para a realización das actividades e a gran labor social que están a realizar.