Na radio con Manuel María

Dentro das actividades das Letras Galegas 2016, os alumnos de 4º ESO participamos o día 10 de maio nun obradoiro radiofónico.

Orientados por dous profesionais, fixemos exercicios preparatorios da voz (estiramento do colo, pronunciación das vogais…).

O paso seguinte foi simular situacións da vida cotiá coa fin de aprender a usar un ton de voz axeitado para cada unha delas.

Logo dos preparativos, xuntámonos por parellas a estudar algúns dos personaxes que aparecen nas obras de Manuel María.

Para isto houbo que  estudar e ensaiar a conciencia.

20160510_120254

20160510_120919 20160510_122009

20160510_12203320160510_122038

A finalidade desta actividade era realizar unha locución radiofónica e experimentar de primeira man en que consiste o traballo dun locutor.

Tamén tivemos a oportunidade creativa de idear un relato a partires dun verso de Manuel María.

Na radio as cousas parecen sinxelas pero… hai moito traballo detrás.

O resultado da gravación podedes escoitalo proximamente clicando no seguinte enlace:

www.letrasgalegas2016.blogspot.com

Esperamos que vos guste!