O pasado venres día 20 de maio celebrouse a graduación dos alumnos de 2º de bacharelato. A través de esta entrada, queren compartir con todos unha nota de agradecemento:
Puxemos fin o venres 20 de maio deste 2016 a unha etapa das nosas vidas celebrando a nosa graduación do curso de 2º de Bacharelato.
Foi unha celebración moi importante, pois a base de esforzo e constancia logramos chegar e poñer punto a esta etapa educativa que nos abre as portas a outros estudios superiores.
Sentímonos moi ledos. Marchamos cos bos momentos vividos todos xuntos, compañeiros mais equipo docente.
Aínda que o curso estea a piques de rematar e xa non compartamos a rutina lectiva, non queremos perder nunca a amizade convosco; estaremos aquí para todo o que necesitedes.
Grazas!