O 17 de maio é para nós unha data moi especial
Ao longo dunha semana os alumnos e as titoras de E. INFANTIL descubrimos unha maneira máis doada de traballar a lingua e pasámolo bomba aprendendo un rap que contaba a vida del. Foi un xeito divertido para coñecelo mellor!
Co recitado dalgunhas das súas poesías decatámonos que as palabras tamén serven para xogar e inventar rimas simpáticas.
E… movemos o esqueleto a bo ritmo con «A vaca», unha canción baseada nun dos seus poemas que leva o mesmo título.
Para completar a festa, fixemos diversas fichas e debuxos sobre a biografía de Manuel María e… ao mesmo tempo cantabamos o estribillo do rap que tanto nos fixo desfrutar!
Aqui tedes algunhas fotos das actividades de E.INFANTIL
E. PRIMARIA tamén contribuíu a homenaxear a Manuel María elaborando uns preciosos debuxos baseados na letra dos seus poemas. Coma sempre… uns artistas!
Vivan as Letras Galegas!