3º, 4º, 4º e 6º de E. Primaria desprazáronse ata A Coruña o 26 de maio
A Festa da Lingua tivo lugar no colexio dos Salesianos.
As actividades foron variadas:
Proxección dun video co título “O galego é de todos”, elaborado e protagonizado por rapaces do colexio Sagrada Familia, de Aldán (Pontevedra). Proxección de “Maimiño”
Actuación musical de Cé Orquestra Pantasma.
Faladoiro de Andrea Maceiras, que respostou a cantas preguntas lle fixeron.
Ao remate das actividades, os rapaces desprazáronse ata o entorno da Torre de Hércules a pasear polos arredores e inmortalizar o momento.
Logo de xantar, e como o tempo se portou, pasaron a tarde a xogar na praia de Santa Cristina.