Xa temos aquí a XIII edicion dos Premios FREI MARTÍN SARMIENTO convocados por FEREGA-Escolas Católicas.
A ANPA do centro adquiriu exemplares para os rapaces, de xeito que poidan dispoñer deles nas aulas.
O listado dos títulos seleccionados para as categorías de EI, EP e ESO son:
EDUCACIÓN INFANTIL:
- Cé Orquestra Pantasma: Fíos do querer, S. Coop. Galega Miudiño
- Chuches Amil: Un conto ao revés, Ed. Galaxia
1ª CATEGORÍA (1º e 2º de EP):
- Miguel Ángel Alonso Diz: O valente coello que quixo soñar, Nova Galicia Edicións
- Pinto & Chinto: A estrambótica illa do tesouro, Ed. Bululú
2ª CATEGORÍA (3º e 4º de EP):
- Xan López Domínguez: Viaxe a Dragonia. Rodeira-edebé
- Buenaventura Aparicio Casado: A pedra do cervo. Ed. do Cumio
3ª CATEGORÍA (5º e 6º de EP):
- Héctor Cajaraville: Quen dá a quenda. Ed. Xerais
- Xabier López López: O home que sabía voar. Ed. Tambre
4ª CATEGORÍA (1º e 2º de ESO):
- Xosé Lois Ripalda: O inspector Chumbo. Ed. Ir Indo
- Celia Díaz Núñez: A boca do monte. Ed. Galaxia
5ª CATEGORÍA (3º e 4º de ESO):
- An Alfaya: A cea das enaguas. Ed. Tambre
- Manolo Rivas: Madonna e outros contos de inverrno. Ed. Xerais
Os libros da categoría de BACHARELATO e ADULTOS, correspondentes á 6ª CATEGORÍA son:
- Úrsula Heinze de Lorenzo: E os domingos… un croissant. Ed. Alvarellos
- María Solar: As horas roubadas. Ed. Xerais
Os adultos (pais, nais, achegados…) deben de adquirir os exemplares da 6ª categoría pola súa conta (unicamente poden dispoñer deles os alumnos matriculados no Bacharelato).
O prazo de inscrición nesta categoría permanecerá aberto ata primeiros de novembro de 2016. Se alguén máis se anima, só tedes que comunicalo a calquera titor/a ou profesor/a do centro. Tedes ata principios de abril de 2017 para ler os dous títulos.
O EDLG do centro agradece un ano máis a implicación dos ALUMNOS das FAMILIAS que fan posible a realización desta actividade.
Que a lectura vos sexa propicia!!!