MARÍA SOLAR no colexio

O 31 de xaneiro MARÍA SOLAR visitou o noso Centro para manter unha charla sobre o seu libro As horas roubadas, que leron os alumnos de Bacharelato para Lingua Galega e Literatura, pero tamén moitos adultos que participan con esta lectura no Premio Frei Martín Sarmiento deste ano.

 

A escritora atrapou no minuto un á mocidade cos temas de actualidade que están presentes na novela como os malos tratos, o divorcio, a perda dun ser querido, as historias de amor (non hai unha igual a outra)… Á súa vez, con dinamismo e enerxía, tratou de concienciar ao alumnado da realidade do día a día a través da súa experiencia no mundo da comunicación.

Na rolda de preguntas, ás que contestou, María Solar agradeceu os comentarios dos rapaces, poñendo numerosos exemplos que lle contaban outros lectores nas redes sociais. O acto rematou coa tradicional sinatura de libros.

as_horas_roubadas

«As horas roubadas», título seleccionado para o Premio Frei Martín Sarmiento.

 

IMG_2623

A autora no faladoiro

 

IMG_2633

2º Bacharelato

 

IMG_2635

1º Bacharelato