O 24 de febreiro homenaxeamos a Rosalía de Castro no seu 180 aniversario.
5º e 6º de E. Primaria disfrutaron das actividades rosalianas cunha xincana literaria a cargo de Xandobela.
E. Infantil e 1º, 2º, 3º e 4º de E. Primaria adicáron á nosa escritora un agasallo especial interpretando, con moita orixinalidade, dous dos seus retratos, un de medio corpo e outro, de corpo enteiro que conformaron unha exposición no vestíbulo do Colexio.
Aquí pódense ver só algunhas das marabillosas obras de arte dignas de competir na feira internacional de arte ARCO.
Se vivira Rosalía, abofé que estaría entusiasmada pola enorme creatividade amosada polos nosos artistas.