A Consellería de Medio Ambiente convoca o concurso de fotografía Entendendo as nubes promovido para conmemorar o 23 de marzo de 2017, Día Meteorolóxico Mundial.
Poderán participar nesta convocatoria todos os centros de educación infantil, primaria, secundaria e formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia.
Os centros poderán participar nas seguintes categorías:
Primeira categoría, para as etapas de educación infantil e primaria.
Segunda categoría, para as etapas de educación secundaria, bacharelato e formación profesional
Para participar nesta convocatoria cada centro educativo poderá enviar ata un máximo de tres fotografías á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a través do enderezo electrónico administracion.meteogalicia@xunta.gal.
Xunto coas fotografías deberán achegarse os seguintes datos de carácter persoal ao anterior enderezo electrónico:
Título da fotografía.
Nome do centro educativo.
Nome do autor da fotografía.
No caso de que o autor sexa menor de idade, será necesario presentar a autorización do pai/nai ou titor/a legal para participar nesta convocatoria, así como para calquera cuestión con ela relacionada.
Enderezo electrónico de contacto do centro educativo.
Teléfono de contacto do centro educativo.
Premios.
Cada unha das tres fotografías seleccionada en cada categoría será recoñecida cun diploma acreditativo do resultado do concurso.
Os/as autores/as da primeira fotografía seleccionada en cada categoría recibirán como premio unha cámara de fotos.
Os/as autores/as das fotografías seleccionadas en segundo e terceiro lugar, en cada categoría, recibirán como premio uns prismáticos
O prazo para enviar fotografías está aberto ata o 23 de maio de 2017
Máis información no DOG do 23 de marzo de 2017 e en http://cmaot.xunta.gal