Dende 3º a 6º de EP cincuenta rapaces do noso centro asistiron á Festa da Lingua, que se celebrou o 8 de maio no Colexio Salesiano da Coruña.
Logo da acollida, proxectouse o Rap da Lingua, elaborado polo CPR Sagrada Familia, de Aldán (Pontevedra) que podedes volver escoitar neste enlace
A continuación, a representante de FERE dirixiu unhas palabras.
Un grupo de alumnos do colexio Calasanz-Escolapios procederon á lectura do manifesto da Festa. De seguido, a compañía Lucecús Teatro representou A verdadeira historia de Manuel de Paderna.
Música na despedida, ao tempo que a rapazada portaba carautas co retrato de Carlos Casares e festexar ao homenaxeado nas Letras Galegas deste ano.
Foi unha xornada de convivencia con escolares doutros centros de Escolas Católicas da cidade.
Rematamos as actividades visitando a Torre de Hércules
E para recuperar forzas para xantar e xogar… que mellor que a praia de Santa Cristina.
ATA A FESTA DO ANO QUE VÉN!!!