CARLOS CASARES MOURIÑO foi o escritor a quen se lle rendeu homenaxe este ano.
Nas actividades participaron todos os niveis educativos, a través de: confección de debuxos, contos, lecturas, xincanas, obradoiro de radio…
1º EP coñeceron as andainas do autor e da súa obra achegándose ás sensacións vibrantes da súa infancia en Xinzo da LImia cos seus eternos veráns ao aire libre pero tamén co recollemento invernal arredor do lume escoitando historias de parentes e amigos, que deixaron unha fonda pegada no carácter de Casares. Ata o derradeiro ano da súa vida, o escritor seguiu a experimentar a ledicia dun cativo cando a calor abafaba na gran cidade e anunciaba a inmediata chegada do sol do verán.
Agradecemento especial a María José Piñeiro pola súa marabillosa interpretación da Galiña Azul, protagonista da cartela do vestíbulo.
Para ti, Carlos, os nosos traballos!
Fotografías dalgunhas das actividades
E. INFANTIL e E. PRIMARIA
2º ESO interpretando o Himno galego
4º ESO gravando un programa de radio, que se pode escoitar clicando en www.carloscasares2017.blogspot.com
… UN PAÍS DE PALABRAS!