Os alumnos de 5º e 6º de Primaria gozaron dunha clase didáctica impartida por voluntarios de Cruz Vermella de Betanzos.
O obxectivo era que os rapaces foran quen de identificar a técnica de primeiros auxilios axeitada para determinadas situacións ata que o doente fose atendido por persoal sanitario.
Algunhas das técnicas explicadas eran relativas a cortes, queimaduras leves e hemorraxias nasais. Aprenderon tamén a realizar a Manobra de Heimlich e un PCR (parada cardio respiratoria).
A actividade tivo gran acollida por parte do alumnado, resultando dinámica e motivadora.
Agradecemos a Cruz Vermella unha vez máis a súa colaboración.