Encontro mostra transfronteiriza da xuventude emprendedora

Encontro mostra transfronteiriza da xuventude emprendedora

IMG-20171220-WA0014IMG-20171220-WA0006

IMG-20171220-WA0007

IMG-20171220-WA0017IMG-20171220-WA0022

A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pon en marcha EMOTRAXE, un espazo de encontro e de aprendizaxe para que a xuventude poda compartir experiencias e emocións á vez que amosar publicamente as súas vivencias de participación, compromiso social e de emprendemento.

Trátase dunha actividade enmarcada no proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA), aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP), cun orzamento de 1.428.692,94 euros e unha duración de catro anos. Ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do territorio.

Celebrouse no auditorio de Ferrol o pasado sábado 16 de decembro e acudiron cinco rapazas, integrantes do grupo de correspondentes xuvenís.

Asistiron a varias charlas moi interesantes. Unha delas sobre iniciativa empresarial, a motivación e a superación. Outra sobre a mala sorte na vida ás veces e como saír adiante. Tamén había moitos stands onde se expoñían diferentes temas de interese.

Gustoulles moito participar e gustaríalles repetir o vindeiro curso

.IMG-20171220-WA0024