No día de onte, alumnos de 1º, 2ºe 3º de E.P festexaron o «día da poesía» no Centro a través dunha actividade ofertada polo Concello de Betanzos.
A poetisa Antía Otero ofreceunos un fermoso recital de textos poéticos en lingua galega seleccionados para os máis pequenos e con apoio visual. Asimesmo, nas aulas, traballamos a poesía como medio de expresión artística: creamos, recitamos, interpretamos…