Hoxe, 23 de abril, Día do Libro, queremos recordar a visita de Jose Lois Ripalda, autor de O inspector Chumbo, que atrapou coas seus relatos e experiencias ao alumnado de 1º e 2º ESO, lembrándolle que o protagonista da súa obra non emprega a violencia nin utiliza as armas. O autor asinou os libros, interesándose moito polos alumnos/-as.
Santiago Lopo amosou aos alumnos/-as de 4º de ESO e Bacharelato o proceso de creación das obras lidas, Peaxes e A arte de trobar (Premio Xerais 2017) e tamén os achegou a súa actividade de profesor e tradutor, sendo moi interesante a charla-coloquio con numerosas preguntas, para rematar coa sinatura dos libros.