O sábado 10 de novembro, un grupo de Bacharelato acudiu á representación de Castrapo da compañía Náufragos, promovida dende o Concello de Betanzos e AGADIC.
A coidada posta en escea, con dúas realidades, o pasado e o presente, en paralelo, xunto co acompañamento das cantareiras en directo foi toda unha sorpresa. Ademáis o alumnado tivo a oportunidade de analizar o uso, moi ben recreado na obra, do castelán e do galego e, en ocasións, do castrapo na nosa sociedade.