En coordinación co Espazo Xove e a Consellería de política social, Dirección Xeral de Xuventude, participación e voluntariado os alumnos da ESO e Bacharelato do CPR Plurilingüe Ntra. Sra. Del Carmen desfrutaron dun faladoiro de cinco bentanceiras que expuxeron as súas vivezas persoais: Sara Seoane, profesora do conservatorio Joaquín Turina de Madrid; Sandra Mosquera, psicopedagoga e educadora social en Educayuda; Mercedes Casanova, presidenta de Cruz Vermella; Vanesa Sáez, exemplo de superación e Jéssica Rey, responsable de márketing da Casa Grande de Xanceda, moderadas pola locutora radiofónica Lucía Abarrategui.
Foi unha sesión intensa e emotiva na que tamén se escoitaron testemuñas de mulleres doutros eidos.