Ledicia Costas ofreceu tres charlas-coloquio para 5º-6º EP, 1º-2º e 3º ESO e BAC, o 22 de xaneiro. Os máis pequenos leron A Señorita Bubble, o alumnado de ESO leu Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta e Bacharelato, Un animal chamado Néboa.
A autora achegou ao alumnado a súa obra, describindo o entramado das lecturas e as súas conexións con feitos biográficos e históricos. Cómpre resaltar a cercanía da autora, que explicou a súa dedicación á literatura e a importancia de escribir en lingua galega, ante as preguntas dos alumnos.