Os nenos e nenas de 1º, 2º, 3º e 4º de EP, da man de Raquel Queizás, deixáronse levar pola maxia dos contos, con “Raposadas”, historia que transcorre na aldea de Antón Fraguas, autor homenaxeado o Día das Letras Galegas.
Foi unha actividade entretida e moi divertida para o alumnado, proposta polo Servizo de Normalización do Concello.