O xoves, 16 de maio, o alumnado de ESO e 1º Bac estivo moi atento aos relatos e cantigas que Soledad Felloza, actriz e narradora, relataba e cantaba paseniño. Fíxose pouco o tempo nunha actividade na que achegou a importancia do noso patrimonio inmaterial (tradicións, cantigas, costumes…) e da singular figura de d. Antonio Fraguas(Letras Galegas 2019), que dedicou a súa vida a recompilar e escribir sobre un xeito de vida (tipos de ferramentas, cantigas, xacementos…).
A actividade foi organizada polo SNL do Concello de Betanzos e coordinado polo EDLG do Centro.
Parabéns, Soledad.