Os alumnos/-as de 3º e 4º ESO, sentaron nas butacas para asistir á representación teatral de Pelos na lingua, na Aula Municipal de Cultura e non pararon de rir. A compañía Talía Teatro nunha áxil, rápida e estupenda posta en escea recrea coma ninguén os usos lingüísticos na nosa comunidade, a contas co galego, o castelán e o inglés.
Divertida e entretida comedia, mais ensina a vida mesma, a nosa realidade.