O alumnado de 1º e 2º ESO do curso 2017/2018 participou nunha conferencia co autor, sobre a súa obra O inspector Chumbo, gañador da XIII edición do Premio Literario Frei Martin Sarmiento. Foi unha actividade especialmente enriquecedora e emotiva, na que Xose Lois amosouse moi próximo aos alumnos/-as e profesorado. Destacou naquel entón a empatía que sentía con todos nós.
O que non esperabamos e que fixese realidade o seu comentario sobre o agradecido que se sentía, cunha dedicatoria no seu seguinte libro, ás rapazas e rapaces do noso Colexio.
A Dirección, o EDLG e o profesorado do Centro agradece a D. Xosé Lois Ripalda o agasallo de dedicar o libro Volve o inspector Chumbo ao alumnado mencionado.
Parabéns!