O día 9 de xaneiro os alumnos de 1º e 2º de Bacharelato, acompañados polas súas titoras fixeron unha visita á Domus, onde participaron nunha actividade do laboratorio aberto, que consisitiu en fabricar unha sustancia que vai formar parte, dun medicamento para unha coñecida enfermidade como é o Parkinson.
A actividade na que participaron de forma activa, resultou interesante en tódolos aspectos.