O alumnado de 1º de Bacharelato ofreceu a representación do conto “A castaña Piluca”, breve adaptación da obra escolar “A castaña” de Ramón Sexto Mejuto, ao alumnado de Infantil e de 1º a 4º de Primaria, en tres sesións, ao longo da mañá do 20 de novembro.
Foi unha experiencia gratificante, feita grazas á colaboración de todos e todas, amais contamos cun auditorio marabilloso, ao que, ao rematar, aplaudiron os maiores.