O noso colexio está entre os 130 centros seleccionados para participar no programa
Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais, da Xunta de Galicia. O obradoiro realizouse co alumnado de 4º ESO. Unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, que se desenvolve este curso, ao abeiro da Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025 e da Estratexia Dixital 2030, para capacitar ao alumnado no uso seguro, responsable e proveitoso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación. Nel reforzáronse as competencias básicas dos estudantes en seguridade na xestión dos seus perfís nas redes sociais; explicaronse os conceptos de identidade dixital e pegada dixital, e afondouse na configuración das opcións de seguridade e privacidade das redes sociais máis actuais entre os rapaces.
Tamén se ofreceron ferramentas e explicáronse recursos aos que poder acudir cando teñan algunha dúbida sobre o uso seguro da tecnoloxía. Favorecendo a preparación dos estudantes para adaptarse aos desafíos que os esperan no eido educativo, persoal ou profesional, poñendo a súa disposición os recursos adecuados para propiciar unha aprendizaxe máis dinámica, personalizada, colaborativa e creativa.




