Para commemorar o Día da Poesía, que se celebrou o pasado 21 de marzo, a poeta Antía Otero conversou co alumnado de 2º ESO sobre a poesía, falando da importancia da palabra, do detalle, dos tempos, do sentimento… Con poemas de Rosalía de Castro, Mª Victoria Moreno, Marta Dacosta e Celia Parra presentou ao alumnado a importancia da escrita.
No faladoiro descubriu a relevancia do acto creativo respondendo ás preguntas dos rapaces e rapazas, que se amosaron participativos e interesados.
O EDLG agradece a proposta do SNL do Concello de Betanzos. Parabéns a Antía Otero pola súa cercanía co alumnado.