Emilia Cagiao e Genaro Maceiras nun encontro co alumnado de 5º e 6º de Primaria e 1º, 2º e 3º ESO contaron como se recuperou un entroido único e singular, que se cría perdido, en San Mamede (Paderne). Emilia foi recompilando en conversas cos maiores da aldea as características, traxes e bailes como a muñeira cruzada deste entroido, contou coa colaboración de moitos viciños como Genaro que prepara as vixigas e fai as máscaras.
Foi toda unha experiencia, unha actividade atractiva na que o alumnado amosou moita curiosidade e participación.
Parabéns, Emilia e Genaro polo voso traballo. O Equipo de Dinamización agradece a vosa colaboración.