A narradora Raquel Queizás achegou aos primeiros cursos de Primaria a vida e obra de Luísa Villalta co espectáculo “As chaves de Lu”. A interacción e participación dos nenos e nenas foi total.
O EDLG do Centro agradece a visita de Raquel Queizás e a coordinación do SNL do Concello, que nos ofreceu a actividade, para celebrar o Día internacional do libro e da lectura.