O alumnado de 4º ESO en Lingua Galega e Literatura, dentro do proxecto interdisciplinar “A pegada do tempo” investigou sobre o Camiño Inglés nas rúas de Betanzos, revisando o percorrido, facendo fotos e buscando información para a realización dunha exposición e dos trípticos en galego e traducidos a todas as linguas do centro. Agrádecese a colaboración de todos os que cooperaron co alumnado, profesores e alumnado de 1º Bach e en especial a Elena Carro, que impartiu unha conferencia no centro sobre o Camiño en Betanzos.