O pasado venres 22 de abril celebramos a Carreira Solidaria «Corre por Betanzos» organizada polo Vales Villamarín en colaboración con todos os centros de Betanzos. Participaron preto de 2000 corredores, entre alumnos e familiares. Con esta actividade pretendeuse fomentar entre os máis xóvenes unha cultura paticipativa, solidaria e comprometida cos problemas das personas desfavorecidas da nosa contorna. A recollida de alimentos sobrepasou as expectativas previstas grazas á colaboración de toda a Comunidade Educativa, superando os 3000 quilogramos de «solidariedade».
O profesorado dos centros queremos agradecer a implicación das entidades e persoas que colaboraron na organización e desenvolvemento da carreira.
Desexamos que esta iniciativa teña continuidade.