No Club de lectura da Biblioteca, coordinado polo EDLG na categoría de adultos, o alumnado de 1º de Bacharelato leu en diferentes sesións os seguintes títulos: A virxe das areas de Antonio Manuel Fraga, Ollos de auga de Domingo Villar, Unha cidade chamada perfecta de Helena Duggan, A cabeza de Medusa de Marilar Aleixandre, As horas roubadas de María Solar e Beleza vermella de Arantza Portabales.
Parabéns pola colaboración!