O alumnado de 2º de Bacharelato leu Virtudes (e misterios), obra que achega desde unha visión persoala realidade da migración e ante todo, a fortaleza de tantas avoas centrada na protagonista, Virtudes, cerna da familia.
Con Virtudes (e misterios) de Xesús Fraga pecha por este curso o Club de lectura da Biblioteca. Á súa vez, esta obra foi finalista na categoría de categoría de adultos do Premio Literario Frei Martín Sarmiento, coordinado no centro polo EDLG.
O EDLG agradece a participación do alumnado, profesorado e familias cun total de 372 lectores e lectoras na XVIII edición do Premio Frei Martín Sarmiento que convoca Escolas Católicas. Os gañadores/-as das diferentes categorías pódense ver no seguinte enlace: https://www.escolascatolicas.es/
Parabéns!