O alumnado de 3º de ESO acudiu ao concerto “Lingua e música” do grupo Zënzar, banda de longa traxectoria no rock galego. Foi unha actividade interesante na que Zënzar, conversando
cos rapaces/-as, uniu a importancia da cultura e lingua galegas e a interpretación dos seus temas. O alumnado tivo a oportunidade de coñecer a un grupo de rock senlleiro.
A actividade desenvolveuse na Aula Municipal de Cultura, promovida pola Deputación e o Concello de Betanzos.