Concerto Zenzär – Día da Lingua Materna

O alumnado de 4º de ESO acudiu na Aula  Xulio Cuns ao concerto “A culpa foi da lingua”, no que a mítica banda de rock en galego, no seu 35 aniversario, fai un percorrido pola música galega desde os anos 70; á vez, que pon en valor a lingua. Rematando a sesión con música en directo.

A actividade foi proposta polo SNL do Concello de Betanzos, dentro do programa da Rede Cultural da Deputación.