Dentre máis de 100 fotografías, só 5 resultaron seleccionadas, entre elas a de Cristina Míguez Vázquez de 1º ESO que o 9 de maio acudíu a Compostela a recoller a acreditación como finalista autonómica do concurso “Explica Xeografía coas túas fotos”.
O decano da facultade de Xeografía e Historia da USC xunto a varios profesores do Departamento de Xeografía, fixeron entrega aos gañadores dos correspondentes certificados e agasallos e, a continuación, amosáronlles as instalacións da facultade.
Aínda que finalmente a fotografía de Cristina non competirá na fase nacional de xuño, sentímonos igualmente orgullosos do seu traballo e animámola a seguir poñendo en valor a nosa paisaxe.