Manuel Núñez Singala, director do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela, conversou co alumnado de 3º e 4º ESO sobre a situación da lingua galega e esa necesidade de escolla que se impón moita xente. Todas as linguas son válidas e necesarias, todas contan e non se precisa escoller, senón sumar.
Foi unha conferencia amena e de amplo contido, na que con exemplos prácticos da vida o alumnado puido ver cantas veces nos empeñamos en escoller, cando non hai necesidade.
A actividade foi ofertada polo Concello de Betanzos para celebrar o Día europeo das linguas (26 de setembro). Parabéns!